venres, 5 de abril de 2024

Gañamos "Traes Unha Cantiga?" En Pontevedra

 E, por fin, Os Chispas do Lérez participamos en “Traes unha Cantiga?”, programa da Televisión de Galicia coa intención de encontrar a mellor cantiga de taberna de Galicia

A verdade que puxemos todo da nosa parte para ofrecer un bonito espectáculo e así defender con garra a nosa cantiga elixida: “O Roubador”. 

E ao ver as imaxes non podemos deixar de emocionarnos ao mirar ao noso compañeiro Manolo disfrutar plenamente como el sabía facer... Temos a absoluta seguridade que este mércores 3 de abril el tamén estivo contemplando a nosa actuación desde onde el agora está. 

Xa desde o comezo notamos a boísima acollida tanto por parte do público asistente coma do xurado, mostrando grandes sorrisos, batendo palmas e outras mostras de entusiasmo.  

Que aumentaban á medida que o noso canto se debullaba e que nos daban ás para voar coa nosa cantiga facendo que os nosos nervios iniciais desaparecesen por completo.  

E, con tanta cousa, xa me esquecía de dicir: GAÑAMOS ESTA FASE!!! e, coma no festival de Eurovisión, repetimos a cantiga coa colaboración de todos os demais participantes e membros do xurado. UNHA TARDE INESQUECIBLE!!!

CLICAR NA SEGUINTE FOTO PARA VER O VÍDEO DA NOSA ACTUACIÓN: 

Ningún comentario:

Publicar un comentario