venres, 5 de abril de 2024

Gañamos "Traes Unha Cantiga?" En Pontevedra

 E, por fin, Os Chispas do Lérez participamos en “Traes unha Cantiga?”, programa da Televisión de Galicia coa intención de encontrar a mellor cantiga de taberna de Galicia

A verdade que puxemos todo da nosa parte para ofrecer un bonito espectáculo e así defender con garra a nosa cantiga elixida: “O Roubador”. 

E ao ver as imaxes non podemos deixar de emocionarnos ao mirar ao noso compañeiro Manolo disfrutar plenamente como el sabía facer... Temos a absoluta seguridade que este mércores 3 de abril el tamén estivo contemplando a nosa actuación desde onde el agora está. 

Xa desde o comezo notamos a boísima acollida tanto por parte do público asistente coma do xurado, mostrando grandes sorrisos, batendo palmas e outras mostras de entusiasmo.  

Que aumentaban á medida que o noso canto se debullaba e que nos daban ás para voar coa nosa cantiga facendo que os nosos nervios iniciais desaparecesen por completo.  

E, con tanta cousa, xa me esquecía de dicir: GAÑAMOS ESTA FASE!!! e, coma no festival de Eurovisión, repetimos a cantiga coa colaboración de todos os demais participantes e membros do xurado. UNHA TARDE INESQUECIBLE!!!

CLICAR NA SEGUINTE FOTO PARA VER O VÍDEO DA NOSA ACTUACIÓN: 

luns, 1 de abril de 2024

Os Chispas Do Lérez En "Traes Unha Cantiga"?

Os Chispas do Lérez en “Traes Unha Cantiga”? 

Seguramente a estas alturas xa todos sabedes que A Televisión de Galicia ten un programa titulado: Traes unha cantiga?

Pontevedra, a nosa bonita cidade será o escenario do vindeiro capítulo que será xa este mércores día 3 de Abril arredor das 22 h.  

Pois resulta que Os Chispas do Lérez fomos convidados a participar...

Así que, ese día, non vos entreteñades, estade moooiiii atentos

pois imos ser os primeiros en botar ao aire a nosa cantiguiña “O Roubador” 

coa que queremos contribuír a ese afán do programa por poñer en valor a Música Galega, 

en concreto esa tradición tan nosa dos Cantos de Taberna.  

Connosco participan tamén “PolaVila” e “Os Chichisos”. Algún de nós conseguirá engadir a súa cantiga á listaxe que se está a confeccionar coas gañadoras de todos os programas...

Seremos Os Chispas do Lérez capaces de conseguilo??? Botádenos unha axudiña coa vosa presenza diante dos televisores!!! 

Confiamos na vosa forza!!!