sábado, 1 de marzo de 2025

Misa Cabo De Ano Do Noso Compañeiro Manolo

O vindeiro Luns día 3 de marzo Os Chispas do Lérez estaremos a cantar no Mosteiro de Poio

Será a partir das 19h. Esta vez, con un xiro inesperado, cambiaremos totalmente o noso repertorio... Todo iso porque cantaremos a Misa de Cabo de Ano do noso compañeiro Manolo finado a comezos de marzo de 2024. Levamos un tempiño preparando este momento e gustaríanos moito que nos acompañedes. Xa no final da misa entoaremos “Canto do Meu Compañeiro” na súa honra. 

 Non marchedes sen escoitarnos! 

A nosa alma chora pola súa ausencia e sorrí pola fortuna de telo coñecido.