sábado, 5 de xullo de 2025

Cantaremos Na Alameda De Ponte Caldelas

Vémonos hoxe á tarde arredor das 19 h na Alameda de Ponte Caldelas.


Estas serán as cantigas que resoarán nese lugar emblemático:

Agardamos vervos por alí!!!!

sábado, 21 de xuño de 2025

Actuación En Valongo, Cededo-Cotobade

E, sen perder comba, xa este sábado 21 de Xuño, Os Chispas do Lérez estaremos botando ao ar as nosas cantiguiñas en Valongo, Cerdedo-Cotobade.

Será con ocasión das Festas de San Xoán, noite máxica. 

Clicar na foto anterior para ver vídeo

Estas serán as pezas que sairán das nosas gorxas:


LEMBRADE QUE NOS ENCANTARÍA VERVOS POR ALÍ!!!!

xoves, 12 de xuño de 2025

Os Chispas En Samieira Poio

E xa este sábado 14 de Xuño Os Chispas do Lérez estaremos a cantar en Samieira, Poio.

Será con ocasión das Festas de San Antón.

Estas serán as cantiguiñas que podedes escoitarnos se vos achegades por alí.

LEMBRADE QUE AGARDAMOS VERVOS!!!!

mércores, 30 de abril de 2025

Vindeiras Actuacións

Estas son algunhas das actuacións que temos previstas. Irémolas actualizando a medida que se vaian ampliando.

sábado, 1 de marzo de 2025

Misa Cabo De Ano Do Noso Compañeiro Manolo

O vindeiro Luns día 3 de marzo Os Chispas do Lérez estaremos a cantar no Mosteiro de Poio

Será a partir das 19h. Esta vez, con un xiro inesperado, cambiaremos totalmente o noso repertorio... Todo iso porque cantaremos a Misa de Cabo de Ano do noso compañeiro Manolo finado a comezos de marzo de 2024. Levamos un tempiño preparando este momento e gustaríanos moito que nos acompañedes. Xa no final da misa entoaremos “Canto do Meu Compañeiro” na súa honra. 

 Non marchedes sen escoitarnos! 

A nosa alma chora pola súa ausencia e sorrí pola fortuna de telo coñecido.