xoves, 25 de xullo de 2024

XIII Festa Dos Maiores O Burgo 2.024, No Teatro Principal De Pontevedra

E xa mañá Venres 26 de Xullo Os Chispas do Lérez estaremos a cantar  no Teatro Principal de  Pontevedra arredor das 20:30h.

Será con ocasión da XIII Festa dos Maiores, O Burgo 2024 que dará comezo ás 20 h.

Se vos achegades por alí escoitarédesnos entoar as seguintes cantigas:

 E Lembrade que vos agardamos alí!

venres, 19 de xullo de 2024

Noite En Santa Cristina de Cobres

Este Sábado 20 de Xullo, Os Chispas do Lérez estaremos botando ao aire as nosas cantiguiñas.   

Será arredor das 20:30 horas no Parque da Reitoral de Santa Cristina de Cobres.

Se vos achegades por alí de seguro que pasaredes unha noite encantada co son das nosas cantigas!!!