martes, 28 de maio de 2024

Así Foi A Nosa Actuación No Teatro Principal De Pontevedra, 25 De Maio De 2.024

E o sábado 25 de maio alá estivemos Os Chispas do Lérez a cantar no Teatro Principal de Pontevedra

Os que vos achegastes por alí podedes dar boa fe de que así pasou! 

Verdade que sorristes durante a nosa interpretación de “Miña Nai Mandoume Á Feira"? 

 

E de seguro que vos encantou a "Foliada de Xil de Cambados".!!!

 

E que nos decides da nosa cantiga “Os Chispas do Lérez”? 


Nós disfrutamos enriba do escenario... E xa sabedes: Contamos convosco para a próxima!!! VÉMONOS NALGURES POR AHÍ!!! 

venres, 24 de maio de 2024

Festival De Primavera Da Coral Bella Helenes No Teatro Principal

Este Sábado 25 de Maio Os Chispas do Lérez estaremos botando unhas cantiguiñas no Teatro Principal de Pontevedra.

Estaremos acompañando á Coral Bella Helenes no seu Concerto de Primavera. Tamén estarán a Coral Alameda de Pontevedra e a Coral Polifónica de Beluso.

Se vos achegades por alí escoitarédesnos cantar as últimas incorporacións ao noso repertorio incluída unha estrea absoluta: "O Vivir en Lérez". ESTE SERÁ O NOSO REPERTORIO:

E LEMBRADE: ESPERÁMOSVOS ALÍ!!!