mércores, 24 de maio de 2023

Así Foi A Nosa Actuación No Pazo Revel, Vilalonga

E alá estivemos Os Chispas do Lérez o 21 de maio no Pazo Revel de Vilalonga, Sanxenxo,  a celebrar As Letras Galegas. 

Foi toda unha ledicia poder estar alí nunha carpa a rebosar. 

E diante dun público implicado que participou abertamente e aplaudiu con entusiasmo o benfacer de tódolos artistas participantes. 

Aquí vos deixamos unha mostra do noso cantar.


xoves, 18 de maio de 2023

Festival Letras Galegas No Pazo Revel, Vilalonga

Este será O Repertorio de cara á nosa participación no Festival Letras Galegas que terá lugar o vindeiro domingo 21 ás 19 horas no Pazo Revel, Vilalonga, Sanxenxo.

Estaremos acompañados de todos estes grupos e artistas que vedes no cartel anunciador do evento. 

 E Xa sabedes: AGARDÁMOSVOS ALÍ!!!

martes, 9 de maio de 2023

Así Cantamos Na "Gala Poio Colabora"

 E alí estivemos Os Chispas do Lérez na “Gala Poio Colabora”.  

 Aportando o noso granciño de area neste evento solidario. Acordeón, Guitarras, Pandereta e Voces preparadas para dar todo o que levamos dentro e aprendido ao longo destes meses de ensaios. 

Deixamos unhas mostras do noso cantar para que nos escoitedes e vos acordedes de nós para calquera ocasión que queirades festexar.   

CLICADE AQUÍ PARA VER MÁIS FOTOS