domingo, 29 de xaneiro de 2023

Así Cantamos Na Casa Da Cultura De Lérez, Pontevedra

E, como prometido, alí estivemos nós, Os Chispas do Lérez nos Venres Culturais da Casa da Cultura de Lérez.

Interpretamos con entusiasmo varias cancións do noso repertorio. Incluso aportamos un estreno fusionando a canción “Oh, Rama” con “Ó Pasar a Ribeiriña” que tivo unha grande aceptación.

Acompañados por un público entregado que deu o mellor de si compartindo connosco a ledicia de cantar a nosa música.

Velaquí podedes escoitar un resumo do Noso Cantar:

martes, 24 de xaneiro de 2023

Nova Actuación :Venres 27 De Xaneiro Na Casa De Cultura De Lérez, Pontevedra

A nova actuación dos Chispas do Lérez está xa a piques de ocurrir. Será este venres 27 de xaneiro na Casa de Cultura de Lérez.

Nun acto promovido pola Asociación Cedofeita para os seus Venres Culturais... Estades todos convidados!!!

 E... Lembrade que vos esperamos alí!!!

martes, 17 de xaneiro de 2023

Proxima Evento: Día Do Socio No Casino Mercantil, Pontevedra

O Sábado 21 de Xaneiro Os Chispas Do Lérez estaremos na Sede Social do Casino Mercantil de Pontevedra ofrecendo o noso benfacer celebrando con eles o Día do Socio.

 será arredor das 13, 30 h.

 Lembrade que alá estaremos agardando por todos vós!!!!!

mércores, 11 de xaneiro de 2023

Evento Na Residencia De Maiores Ballesol, Poio, Pontevedra

 Esta vez a música dos Chispas Do Lérez vai soar de novo o vindeiro Sábado 14 de Xaneiro na Residencia Para Maiores Ballesol en Poio, Pontevedra, arredor das 18 horas.

Lembrade que vos esperamos alí!!!

luns, 9 de xaneiro de 2023

Actuación Na Residencia Da Terceira Idade, Campolongo, Pontevedra

Como xa vos contamos, o día 4 de Decembro Os Chispas do Lérez achegámonos ata A Residencia da Terceira Idade de Campolongo para botar unhas cantiguiñas coas persoas que alí pasan o seu tempiño.

Velaquí un resumo do noso cantar.:

domingo, 8 de xaneiro de 2023

Así Foi A Nosa Actuación No Casino Mercantil, Pontevedra

 Así foi. No día 16 de Decembro Os Chispas do Lérez alá estivemos no Casino Mercantil

Cantamos, bailamos e  montamos unha gran foliada coa colaboración dun público entregado que participou con gran entusiasmo.

  Velaquí tedes unha mostra da nosa actuación:

 

E XA SABEDES QUE VOS ESPERAMOS NA PRÓXIMA!!!

mércores, 4 de xaneiro de 2023

Actuación No Centro De Maiores De Campolongo, Pontevedra

 Ben ... A estas alturas xa vos sabemos ao tanto do que está a pasar na Residencia de Maiores de Campolongo... Os Chispas do Lérez tamén nos sumanos a esta onda de solidariedade e alí que estaremos mañá arredor das 11 horas. 

E... Xa sabedes: SE QUEREDES... VÉMONOS ALÍ!!!