sábado, 30 de decembro de 2023

Desexos Dun 2.024 Cheo De Música E Sorrisos!

E xa queda pouquiño para despedirnos dun ano, que xa vai velliño, e recibir a outro noviño do trinque. Que 2.024 sexa venturoso e feliz!!!

Os Nosos Desexos de que os nosos días se enchan de Música, Felicidade e Sorrisos compartidos con familiares e amigos, xa sexan de perto ou de lonxe! E que cada momento vivido sexa a oportunidade para crear lembranzas inesquecibles!!!

domingo, 24 de decembro de 2023

Feliz Nadal, Amigos E Seguidores Dos Chispas Do Lérez!

E así, como quen non quere a cousa, O Nadal asómase ao  mundo. Feliz Nadal!

Co noso desexo de que cada día nos achegue o feitizo e agarimo destes días cheos de suspiros, desexos, Música, encontros e abrazos.

mércores, 8 de novembro de 2023

Festa E Magosto De San Martiño, Poio

E imos alá cun bo magosto para animar este mes de Novembro tan chuvioso! Os Chispas do Lérez estaremos na Festa de San Martiño en Poio.

Será mesmiño á beira da Capela de San Martiño. Onde poderedes tamén observar un bonito cruceiro e unha fonte.

Estas serán algunhas das nosas cancións que poderedes escoitar:

Xa vedes que temos dúas novidades: O Sancristán de Coímbra e Trubisqueira!!! Que vos ofreceremos en Primicia!!!

E LEMBRADE: AGARDÁMOSVOS ALÍ!!!

venres, 15 de setembro de 2023

Festa Da Ameixa En Campelo, Certame Da Canción Mariñeira

E non podíamos fallar!!! Os Chispas Do Lérez estaremos na Festa Da Ameixa de Campelo, Poio. Será xa este Sábado 16 de Setembro a partir das 21,30 h.

Participaremos no Certame da Canción Mariñeira co seguinte Repertorio:

E xa sabedes: VÉMONOS ALÍ!!!!

sábado, 9 de setembro de 2023

Os Chispas Do Lérez Na XUVI-RENDA FOLK, Xuviño, Combarro

E xa neste sábado 9 de Setembro Os Chispas do Lérez non podíamos deixar de participar na Xuvi-Renda Folk.

Será nas inmediacións da Capela da Virxe da Renda, no Xuviño, Combarro.

 Se caídes por alí escoitarédesnos estas bonitas Cancións:

Xa sabedes que nos gustaría vervos, NON FALTEDES!!!

xoves, 24 de agosto de 2023

Mostra Da Canción Mariñeira, 25 de Agosto de 2.023, Combarro

E de novo este Venres 25 de agosto, arredor das 21,30 horas voltamos a Combarro para cantar na Mostra da Canción Mariñeira 2.023.

Se vos atopades por alí poderedes escoitarnos cantando este Repertorio:

Encantaríanos vervos e falar con vós!!!

venres, 18 de agosto de 2023

41 Semana Cultural San Roque, Combarro, Praza Da Rualeira

Este Domingo 20 de Agosto Os Chispas do Lérez estaremos outra vez cantando en Combarro, na Praza da Rualeira, arredor das 21 h.

Participaremos na 41 Semana Cultural San Roque 2023.

Estas serán algunhas cancións do noso Repertorio:

E Lembrade que contamos con vervos por alí!!!

venres, 4 de agosto de 2023

Evento Musical En Aguasantas: Asador Perdiz

Esta vez Os Chispas do Lérez para a nosa próxima actuación viaxaremos ata Aguasantas no Concello de Cerdedo-Cotobade.

Será este Sábado día 5 arredor das 20 h da tarde. E, se vos achegades ata O Asador Perdiz, poderedes escoitarnos co seguinte Repertorio:

E Lembrade que NOS GUSTARÍA VERVOS ALÍ!

sábado, 15 de xullo de 2023

Festas Na Honra Da Virxe Do Carme En Combarro

E xa mañá Sábado 16 de Xullo Os Chispas do Lérez estaremos en Combarro a celebrar as Festas na honra da Virxe do Carme.

Será a partir das 13,30 horas nos arredores da Igrexa de San Roque. Alí poderedes escoitarnos con estas Cantigas:

Xa sabedes que queremos vervos por alí!!!

luns, 10 de xullo de 2023

Vindeiro Evento: Clausura Da Exposición Pintura E Fotografía, UNED

Será na sede da UNED en Pontevedra a nosa vindeira actuación onde Os Chispas do Lérez ofreceremos a nosa música con ocasión da Clausura da Exposición Pintura e Fotografía organizada pola Asociación Artística y Cultural de Pontevedra.

Se vos achegades ata alí o 12 de xullo arredor das 12 horas, podedes escoitarnos cantando este Repertorio:

venres, 30 de xuño de 2023

sábado, 24 de xuño de 2023

Festival De Corais Bella Helenes No Teatro Principal, Pontevedra

E hoxe Sábado 24 de Xuño, arredor das 20 h. estaremos no Teatro Principal de Pontevedra convidados pola Coral Bella Helenes que celebra o seu Festival de Corais

Ademais da coral anfitrioa,  participará tamén a Coral Polifónica Valdarrosa de Pontecaldelas. Éste será O Noso Repertorio:

VÉMOSNOS ALÍ!!!

mércores, 24 de maio de 2023

Así Foi A Nosa Actuación No Pazo Revel, Vilalonga

E alá estivemos Os Chispas do Lérez o 21 de maio no Pazo Revel de Vilalonga, Sanxenxo,  a celebrar As Letras Galegas. 

Foi toda unha ledicia poder estar alí nunha carpa a rebosar. 

E diante dun público implicado que participou abertamente e aplaudiu con entusiasmo o benfacer de tódolos artistas participantes. 

Aquí vos deixamos unha mostra do noso cantar.


xoves, 18 de maio de 2023

Festival Letras Galegas No Pazo Revel, Vilalonga

Este será O Repertorio de cara á nosa participación no Festival Letras Galegas que terá lugar o vindeiro domingo 21 ás 19 horas no Pazo Revel, Vilalonga, Sanxenxo.

Estaremos acompañados de todos estes grupos e artistas que vedes no cartel anunciador do evento. 

 E Xa sabedes: AGARDÁMOSVOS ALÍ!!!

martes, 9 de maio de 2023

Así Cantamos Na "Gala Poio Colabora"

 E alí estivemos Os Chispas do Lérez na “Gala Poio Colabora”.  

 Aportando o noso granciño de area neste evento solidario. Acordeón, Guitarras, Pandereta e Voces preparadas para dar todo o que levamos dentro e aprendido ao longo destes meses de ensaios. 

Deixamos unhas mostras do noso cantar para que nos escoitedes e vos acordedes de nós para calquera ocasión que queirades festexar.   

CLICADE AQUÍ PARA VER MÁIS FOTOS