sábado, 5 de xullo de 2025

Cantaremos Na Alameda De Ponte Caldelas

Vémonos hoxe á tarde arredor das 19 h na Alameda de Ponte Caldelas.


Estas serán as cantigas que resoarán nese lugar emblemático:

Agardamos vervos por alí!!!!

sábado, 21 de xuño de 2025

Actuación En Valongo, Cededo-Cotobade

E, sen perder comba, xa este sábado 21 de Xuño, Os Chispas do Lérez estaremos botando ao ar as nosas cantiguiñas en Valongo, Cerdedo-Cotobade.

Será con ocasión das Festas de San Xoán, noite máxica. 

Clicar na foto anterior para ver vídeo

Estas serán as pezas que sairán das nosas gorxas:


LEMBRADE QUE NOS ENCANTARÍA VERVOS POR ALÍ!!!!

xoves, 12 de xuño de 2025

Os Chispas En Samieira Poio

E xa este sábado 14 de Xuño Os Chispas do Lérez estaremos a cantar en Samieira, Poio.

Será con ocasión das Festas de San Antón.

Estas serán as cantiguiñas que podedes escoitarnos se vos achegades por alí.

LEMBRADE QUE AGARDAMOS VERVOS!!!!

mércores, 30 de abril de 2025

Vindeiras Actuacións

Estas son algunhas das actuacións que temos previstas. Irémolas actualizando a medida que se vaian ampliando.

sábado, 1 de marzo de 2025

Misa Cabo De Ano Do Noso Compañeiro Manolo

O vindeiro Luns día 3 de marzo Os Chispas do Lérez estaremos a cantar no Mosteiro de Poio

Será a partir das 19h. Esta vez, con un xiro inesperado, cambiaremos totalmente o noso repertorio... Todo iso porque cantaremos a Misa de Cabo de Ano do noso compañeiro Manolo finado a comezos de marzo de 2024. Levamos un tempiño preparando este momento e gustaríanos moito que nos acompañedes. Xa no final da misa entoaremos “Canto do Meu Compañeiro” na súa honra. 

 Non marchedes sen escoitarnos! 

A nosa alma chora pola súa ausencia e sorrí pola fortuna de telo coñecido.

sábado, 3 de agosto de 2024

Actuación No Festixeve 2024

E resulta que xa este Domingo 4 de agosto Os Chispas do Lérez estamos de novo a cantar!!! 

Será No Festixeve 2024 en Fragoso, Santo André de Xeve, arredor das 19:30 h

Se pasades por alí de seguro que nos escoitaredes cantar cancións emblemáticas coma estas...

   

 

E moitas máis...  

VÉMONOS ALÍ!!!! 

 

xoves, 1 de agosto de 2024

Ponte Caldelas Venres 2 de Agosto 2.024

Ponte Caldelas, unha vila non moi distante da nosa Pontevedra, será o escenario da próxima actuación de Os Chispas do Lérez

Será este Venres 2 de Agosto arredor das 20 h.  

Xa sabedes que será un momento moi fermoso ao son das nosas cantigas. E direivos un segredo: IMOS TER UNHA ESTREA: "O HIMNO A PONTECALDELAS". LETRA E MÚSICA DO NOSO DIRECTOR: XOSÉ IGLESIAS FERNÁNDEZ, BUXÁN!!!  

AGARDAMOS VERVOS POR ALÍ E QUE DISFRUTEDES ESCOITÁNDONOS ENTOANDO:

xoves, 25 de xullo de 2024

XIII Festa Dos Maiores O Burgo 2.024, No Teatro Principal De Pontevedra

E xa mañá Venres 26 de Xullo Os Chispas do Lérez estaremos a cantar  no Teatro Principal de  Pontevedra arredor das 20:30h.

Será con ocasión da XIII Festa dos Maiores, O Burgo 2024 que dará comezo ás 20 h.

Se vos achegades por alí escoitarédesnos entoar as seguintes cantigas:

 E Lembrade que vos agardamos alí!

venres, 19 de xullo de 2024

Noite En Santa Cristina de Cobres

Este Sábado 20 de Xullo, Os Chispas do Lérez estaremos botando ao aire as nosas cantiguiñas.   

Será arredor das 20:30 horas no Parque da Reitoral de Santa Cristina de Cobres.

Se vos achegades por alí de seguro que pasaredes unha noite encantada co son das nosas cantigas!!! 

sábado, 22 de xuño de 2024

Botando Cantigas En Valongo, Cerdedo-Cotobade

Os Chispas do Lérez estaremos botando as nosas cantiguiñas en Valongo, Cerdedo-Cotobade.

Será este sábado 22 de xuño no adro da Igrexa de San Andrés arredor das 22 h.  



Un bonito marco para encher de música a xa de por si máxica noite de San Xoán neste lugar rodeado de fermosura e misterio.

Esperamos vervos Alí!  Para cantar con vós as nosas Cantigas!

xoves, 13 de xuño de 2024

Calendario Próximas Actuacións

En principio este é o noso Calendario de Próximos Eventos. Xa vos iremos informando con máis detalles antes de cada actuación.

martes, 28 de maio de 2024

Así Foi A Nosa Actuación No Teatro Principal De Pontevedra, 25 De Maio De 2.024

E o sábado 25 de maio alá estivemos Os Chispas do Lérez a cantar no Teatro Principal de Pontevedra

Os que vos achegastes por alí podedes dar boa fe de que así pasou! 

Verdade que sorristes durante a nosa interpretación de “Miña Nai Mandoume Á Feira"? 

 

E de seguro que vos encantou a "Foliada de Xil de Cambados".!!!

 

E que nos decides da nosa cantiga “Os Chispas do Lérez”? 


Nós disfrutamos enriba do escenario... E xa sabedes: Contamos convosco para a próxima!!! VÉMONOS NALGURES POR AHÍ!!!